Póster virtual

Quen

Nesta modalidade pode participar toda aquela persoa que sexa PDI (válido calquera perfil sempre que teña docencia no POD) de calquera das tres universidades.

Inscrición

Cómpre inscribirse obrigatoriamente no formulario habilitado na lapela “Inscrición” e marcar as opcións de “Perfil Docente e Investigador” e “Desexo participar con póster virtual”.
As actividades do día 14 de novembro non se van retransmitir en streaming polo que, se vostede ten interese, precisa inscribirse nela tamén.

Presentación do póster

Unha vez rematado o prazo de inscrición (ata o 8 de outubro), as persoas inscritas recibirán un correo electrónico da organización coa clave de matriculación en UDCAberta e coas instrucións para a defensa do seu póster.
Pódense presentar un máximo de dous traballos por persoa, un como autor/a principal e outro como coautor/a. Admitiranse até un máximo de 1 autor/a máis 3 coautores/as por cada póster e todos eles/as deberán estar inscritos/as na modalidade póster virtual, co mesmo título do póster para todas elas.

É obrigatorio usar algún destes modelos:

Os pósteres responderán a algunha destas tres liñas temáticas:

  • Liña 1. Mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe
    Inclúe a implantación de metodoloxías activas, o uso e aplicación de recursos tecnolóxicos para a mellora da aprendizaxe, as melloras na titorización e na atención ao estudantado e a mellora de procesos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe, entre outros.
  • Liña 2. Estratexias institucionais de innovación docente
    Acubilla un amplo abano de experiencias. Inclúe desde a mellora das titulacións en xeral, a formación en competencias tranversais nunha titulación, a colaboración docente entre materias dentro dunha mesma titulación ou de diferentes titulacións, coordinación entre programas formativos universitarios e de bacharelato, divulgación e transferencia de coñecemento á sociedade e fomento da internacionalización das titulacións, ata a formación en aberto coma os MOOC ou similares.
  • Liña 3. Diversidade, igualdade e responsabilidade social e ambiental
    Inclúe as experiencias de concienciación social ou ambiental, as iniciativas de fomento da sustentabilidade e o fomento da igualdade de xénero, da inclusión ou da diversidade no marco de materias ou titulacións.

A defensa realizarase en formato texto, audio ou vídeo e será accesible aos restantes participantes para que poidan comentalos.

É a persoa que figure como autora principal a que debe subir e defender o póster.

Premios

Outorgaranse tres premios (un por liña temática) aos mellores pósteres de cada liña temática, segundo o veredicto dunha comisión avaliadora, que estará formada por nove membros (un representante de cada universidade por liña temática). A súa composición farase pública.
O día 30 de outubro, a comisión de valoración elixirá os tres pósteres premiados.
Os pósteres premiados serán presentados dentro do programa da xornada presencial o 14 de novembro polos seus autores ou autoras principais ou persoa en quen deleguen.

Certificados

A participación en póster virtual do PDI será exclusivamente en formato póster con defensa e certificarase como comunicación oral.

As persoas autoras dos pósteres premiados recibirán:

  • O certificado da comunicación oral.
  • O certificado acreditativo do premio.
  • O certificado acreditativo da participación no programa da xornada presencial (a persoa que presente o póster nela).