Quen
Na modalidade Póster virtual pode participar toda aquela persoa que sexa PDI de calquera das tres universidades galegas (UDC,USC ou UVigo). Será válido calquera perfil de PDI sempre que teña docencia no POD no curso 26/27 ou nos dous cursos anteriores.
Número de autore/as
Pódense presentar un máximo de dous traballos por persoa, un como autor/a principal e outro como coautor/a. Admitiranse até un máximo de 1 autor/a principal máis 3 coautores/as por cada póster.
Inscrición
Tanto autore/as coma coautore/as deben inscribirse obrigatoriamente coidando de poñer o mesmo título do póster no que participan.
Os formularios de inscrición para participación con póster virtual son os seguintes:
Prazos
O prazo para inscribirse na modalidade Póster virtual está aberto ata o 21 de setembro inclusive.
Entre o 22 e o 30 de setembro habilitarase un prazo de revisión administrativa que servirá para corrixir posibles erros e evitar así problemas no proceso de certificación.
O 1 de outubro as persoas inscritas recibirán un correo electrónico da organización coa clave de matriculación en UDCAberta e coas instrucións para a defensa do seu póster.
Modelos de póster
É obrigatorio empregar algún dos modelos de póster que contén o arquivo descargable dispoñible abaixo. Escolle o máis acaído ás túas necesidades e desbota os outros.
Se non funciona a descarga co teu navegador habitual, proba con outro.
Descarga aquí os modelos de póster
Liñas temáticas
Os pósteres responderán a algunha das tres liñas temáticas da xornada:
- Liña 1. Mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe
Inclúe a implantación de metodoloxías activas, o uso e aplicación de recursos tecnolóxicos para a mellora da aprendizaxe, as melloras na titorización e na atención ao estudantado e a mellora de procesos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe, entre outros. - Liña 2. Estratexias institucionais de innovación docente
Acubilla un amplo abano de experiencias. Inclúe desde a mellora das titulacións en xeral, a formación en competencias tranversais nunha titulación, a colaboración docente entre materias dentro dunha mesma titulación ou de diferentes titulacións, coordinación entre programas formativos universitarios e de bacharelato, divulgación e transferencia de coñecemento á sociedade e fomento da internacionalización das titulacións, ata a formación en aberto coma os MOOC ou similares. - Liña 3. Diversidade, igualdade e responsabilidade social e ambiental
Inclúe as experiencias de concienciación social ou ambiental, as iniciativas de fomento da sustentabilidade e o fomento da igualdade de xénero, da inclusión ou da diversidade no marco de materias ou titulacións.
Certificados
A participación en póster virtual do PDI será exclusivamente en formato póster con defensa e certificarase como comunicación oral.
Unha vez rematada a IV XIGAID e feitas as comprobacións pertinentes da subida e defensa de cada póster, enviaranse de oficio os certificados ao correo electrónico das persoas participantes.