FAQ

Se só me matriculo en modalidade presencial, obteño algún certificado?
Si, se asistes a todo o programa da xornada presencial, obterás un certificado de asistencia por 8 horas de formación.

Son PDI e quero participar presentando unha comunicación, que teño que facer?
A participación como relator/a do PDI será sempre asíncrona a través da plataforma UDCAberta mediante o formato de póster con defensa. A dita participación certificarase como comunicación oral. É obrigatorio inscribirse e detallar a modalidade de inscrición e o título da comunicación.

Para obter o certificado de presentación de comunicación, que requisitos hai?
Para presentar comunicación tes que ser PDI (con docencia no POD) de calquera das tres universidades e subir e defender o teu póster na plataforma UDCAberta nas datas habilitadas para ese fin..

É obrigatorio usar un modelo de póster determinado?
Si, podes descargalo na sección de Participación, dentro da sección Póster virtual.

Cantos/as coautores/as pode ter cada póster?
Admítese un máximo de 4 coautores/as por póster (incluído o/a autor/a principal) e todos/as deben estar inscritos/as.

Se somos varias persoas autoras, temos que participar todas na defensa e comentarios en UDCAberta?
Non é obrigatorio, comprobarase unicamente que o póster estea defendido polo seu autor/a principal.

Debo inscribirme se non son o/a autor/a principal?
Si, é obrigatoria a inscrición na modalidade póster virtual. Só así quedará rexistrada a túa participación e os teus datos persoais para poder emitir o certificado correspondente.

Cantos pósteres podo presentar?
Un máximo de dous por persoa. Un como autor/a principal e outro como coautor/a

Cando teremos acceso a UDCAberta?
A partires do día 1 de outubro. Consulta a pestana do cronograma.

É necesario solicitar os certificados?
Non. Unha vez desenvolvida a xornada presencial e comprobado o cumprimento dos requisitos esixidos en cada unha das modalidades, enviaranse de oficio os certificados por correo electrónico ás persoas participantes.